Carballo rememora a figura do médico e o farmacéutico rural

A través dunha mesa redonda repasouse o seu papel fundamental, impacto social e desenvolvemento nas vilas e aldeas galegas

Un par de semanas despoido encontro en Ribeira, o noso Colexio e o de Farmacéuticos proseguiron coas celebracións arredor do seu 130 aniversario cunha nova mesa redonda centrada nun tema de gran relevancia para Galicia: a atención sanitaria no rural. Nesta ocasión, o acto tivo lugar o 26 de abril no Pazo da Cultura de Carballo grazas á colaboración do seu concello. Os participantes puxeron en valor aos médicos e farmacéuticos que exerceron e exercen a súa profesión en municipios afastados das grandes cidades. As dificultades ante a falta de medios e de vías de comunicación entre zonas apartadas do campo galego ou a aplicación das novas tecnoloxías nestes territorios foron algúns dos puntos que se abordaron.

O presidente do Colexio, Luciano Vidán, deu a benvida a esta xornada xunto á secretaria do Colexio de Farmacéuticos, Margarita Muñoz, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. “Os Colexios de Médicos e Farmacéuticos da Coruña son dos máis antigos de España. Conmemoramos o noso aniversario conxuntamente no nome do noso fundador, o doutor Ramón Pérez Costales, quen pasou á historia non só polas súas calidades, senón  por ser o mecenas de Pablo Picasso na súa etapa de neno na Coruña”, declarou o doutor Vidán. 

Continuou afirmando que “desde o inicio tivemos claras dúas cousas. A primeira consiste en que ambos Colexios queríamos ir xuntos, porque somos irmáns en todo e debíamos transmitilo á sociedade e ao conxunto da cidadanía”. O segundo punto no que estiveron de acordo “foi que nos interesaba vir a Carballo. Buscábamos poñer en valor o que supuxo na historia a medicina e a farmacia comunitaria e rural”. 

Ao falar deste tema, o facultativo subliñou a importancia da figura do médico rural. “Procuramos destacar os valores —o coñecemento, a humanidade e a vida dentro da comunidade— que conforman esa medicina. Durante estes 130 anos mudou moito coa tecnoloxía e a asistencia sanitaria, pero a esencia segue sendo a mesma”.

Margarita Muñoz lembrou os diversos actos realizados para conmemorar os 130 anos desde a fundación do Colexio Médico-Farmacéutico da Coruña en 1894. “El objetivo es celebrar con la población de toda la provincia la creación de estas entidades. Sabemos que los sanitarios tenemos orientaciones diferentes en nuestras actividades profesionales, pero también que son complementarias: unos son expertos en el abordaje de la enfermedad y los otros en los medicamentos. Allí donde estemos, vamos de la mano. Nuestra misión es promover la salud de la población y velar por ella”.

A representante do Colexio de Farmacéuticos resaltou a importancia do seu labor nas zonas rurais ao encarar retos como “el envejecimiento de la población, la escasez de recursos —que muchas veces se dan en las familias para atender a sus mayores— y la desolación que afecta a toda la zona interior”. Non obstante, “en la historia reciente emergen figuras que han velado por la salud en estos puntos más rurales y con menos servicios. Han sido un auténtico salvavidas, no solo por su labor sanitaria, sino también por el compromiso social que han llevado a cabo en su actividad profesional”.

Evencio Ferrero agradeceu a confianza posta en Carballo para acoller o encontro e asegurou que a iniciativa “debe servir para arroxar luz sobre un servizo público tan necesario coma a sanidade, que, xunto coa educación e os servizos sociais, é unha peza fundamental na estrutura e na solidez da sociedade”. Ademais, presentou a proxección do vídeo do terceiro movemento da Sinfonía de Bergantiños —estreada no pregón de San Xoán 2024—. O concello considerou que se trataba dunha peza en sintonía coa temática do acto debido a que o seu autor, Sergio Moure, era fillo de farmacéutico. “Deixaron unha gran pegada no municipio. O seu pai, Xesús Moure, tiña a gran ilusión de que o seu fillo compuxese unha sinfonía dedicada a Carballo”. Tras estas palabras, o rexedor recibiu a placa conmemorativa da xornada de mans dos representantes dos Colexios.

Acto seguido, iniciouse a mesa redonda. Alfonso Mariño, director do Centro Oncolóxico de Galicia, actuou como moderador e contou coa presenza de Celia Villanueva, titular de Oficina de Farmacia Comunitaria da Laracha, Cándido Pequeño, xefe do Servizo de Atención Primaria de Cee, e Braulio Pérez, director adxunto da Fundación Universidade da Coruña.

O doutor Mariño compartiu a súa satisfacción ao ter a oportunidade de participar neste evento celebrado no seu Carballo natal. Recalcou que, ao formular a introdución da mesa redonda, revisou diversas fontes sobre o que implica a medicina rural. “Como dixo Verónica Casado Vicente nunha entrevista, historicamente, o médico rural ocupa unha posición estratéxica na comunidade e provén dunha orientación comunitaria valiosa para preservar a saúde da poboación local”, indicou. 

O moderador tamén citou ao historiador Xosé Ramón Barreiro: “Galicia conformouse ao longo dos séculos como un territorio de aliñamento rural —no ano 1960 o 78,3 % da poboación vivía neste ámbito—. Ten máis de 30.000 núcleos de poboación. As células de asentamento rural en Galicia son de moi reducido tamaño, ata o punto de que un 95 % delas non chegaban aos 200 habitantes no final do século pasado”. Esta situación fixo que exercer a medicina nestas zonas supuxese “unha auténtica odisea polo illamento, o escaso contacto cos colegas con acceso á formación, a precariedade laboral, a responsabilidade permanente e a dificultade da conciliación”. 

Para rematar a súa presentación, Alfonso Mariño parafraseou ao doutor José Manuel Lage Parente, promotor do Museo do Médico Rural. “Para min eran heroes silenciosos e artesáns da medicina. Facían marabillas e atendían á xente cun trato familiar e comunitario”. Tamén fixo referencia, como curiosidade, ás ferramentas que de atopaban nos maletíns destes profesionais, como fonendoscopios, fórceps, material para realizar autopsias ou cinta métrica. 

A seguinte intervención foi a de Celia Villanueva, quen afondou no que implica a farmacia tanto no rural coma na cidade. “Está regulada por decretos por ser un establecimiento privado de interés público. Entre sus funciones está la conservación, custodia y la dispensación de los medicamentos —las normas indican cuándo y cómo tenemos que llevarla a cabo y el precio—. En algunas aldeas, la farmacia es el único punto de salud que existe”.

Entre as diferenzas existentes dos establecementos nos dous contornos, a experta sinalou a carga de traballo. “En la farmacia rural se hacen guardias semanales, de día y de noche. En las de ciudad están exentos de las nocturnas porque existen farmacias de 24 horas que cubren ese servicio”. Outro punto que salientou foi a proximidade ao doente, que adoita ser maior nunha vila respecto a unha urbe. “La función principal del farmacéutico es la dispensación. Sus normas son iguales allá donde esté”. Ademais, “tiene el deber de informar al paciente sobre su medicamento”, indicou. 

“No estuvimos informatizados hasta el año 1999. A partir de ese momento, un decreto obligó a hacerlo y empezó a modernizarse la farmacia”, lembrou. “Hasta el 2010 solo manejábamos dos tipos de recetas de papel. Pasamos de ellos a una gran variedad de recetas electrónicas —17 tipos, uno por cada comunidad autónoma, y 5 de aportación para los pacientes—. Esto complicó la dispensación”. Non obstante, permitiu que calquera persoa puidera obter os seus medicamentos noutra comunidade de España a través da interoperabilidade da receita electrónica. 

Celia Villanueva sinalou que a vantaxe da receita electrónica fundamentase en que é “rápida y evita errores. Nos permite ver el historial farmacoterapéutico del paciente y las próximas dispensaciones. Además, en la actualidad existe receta electrónica privada y algunas mutuas también disponen de ella”. A farmacéutica tamén indicou que “otra complicación durante la dispensación es que, con algunos productos, como los psicótropos y los estupefacientes, tenemos que tomar los datos del carné de identidad para anotarlo en dos sitios: en el recetario y en la pantalla”, evidenciou. Así mesmo, “también existen recetas privadas en papel. Unas vienen con código de barras y otras con QR”.

Unha última dificultade consiste en que, “cuando un paciente va a Urgencias en un hospital le dan un informe de alta, pero muchas veces se les olvida hacerle la receta electrónica”, explicou. Esta posibilidade impide que se lle poida entregar o medicamento porque o informe no ten a mesma consideración que a receita electrónica. “Es una incidencia que se repite continuamente, sobre todo, cuando estamos de guardia los fines de semana. Por esta razón, no se entiende que las farmacias no dispongamos de un canal de comunicación válido y seguro con todos los médicos de Atención Primaria que están en el sistema”. É necesario “porque este tipo de incidencias deben solventarse de manera rápida y eficiente al repercutir en la salud del paciente”.

Puntualizou que “la dispensación es un acto complejo. El farmacéutico tiene que estar atento a muchos datos y requiere un tiempo. Cuando se cierra, a mayores, tenemos que cortar unos trocitos troquelados de la caja —cupones precinto— y pegarlos en unas hojas numeradas. Esto es una anormalidad. No se entiende que tengamos que mantener esta práctica como en el siglo pasado con la modernidad del código QR”. Sobre a relación co paciente, afirmou que hai que ter “empatía, aplicar escucha activa, comunicación y acompañamiento. Debemos identificar siempre sus necesidades y explicarle todo lo relativo al medicamento.

O doutor Cándido Pequeño expuxo as súas propias experiencias na medicina rural. “Llevo toda mi vida ejerciendo en este entorno, aunque creo que no respondo a ese perfil de médico que tenemos en mente: aquel facultativo entregado al paciente toda su vida, que lo atiende día y noche y que vive en su misma comunidad. Yo pertenezco a la generación que dio el relevo a aquellos médicos, pero trabajé con ellos”.

O facultativo retratou a súa traxectoria para evidenciar en paralelo a evolución da práctica sanitaria nestas zonas. Ao empezar en Cedeira, a principios dos anos 80, “conocí a los médicos titulares de asistencia pública domiciliaria (APD). Eran los médicos del pueblo y de cabecera. Con ellos conviví y trabajé. Al final vi la realidad de unos profesionales que habían aprobado una oposición dura y prestigiosa a nivel nacional para ser titulares en un municipio en el que estaban obligados a residir con sus familias. Tenían que estar a disposición de sus pacientes 24 horas al día, los 365 días del año. Esa era la vida del médico rural”.

A continuación, relatou que, a mediados da década dos 80, o doutor Pequeño trasladouse á zona rural de Muxía. Tratábase dunha área illada na que o hospital de referencia atópase a 100 quilómetros sen autopista nin autovías. Ademais, os fogares tiñan unha infraestrutura básica. O seu único teléfono encontrábase na parroquia, apenas había coches e posuían unha economía de subsistencia. “Una de las cosas que más me chocó fue la mentalidad. Era una gente maravillosa, pero no la acababa de comprender. Ante cualquier problema, lo primero que hacían era ir al componedor”, así coma outros curandeiros. “Querían que su médico cercano les diese una solución y no les hiciese trasladarse al hospital”. O relator sinalou que tal actitude debíase á distancia e ás dificultades pola falta de ingresos.

Porén, os cambios políticos e sociais xerados durante a Transición provocaron unha transformación da mentalidade xeral grazas á chegada do teléfono ás casas e ao aumento do número de vehículos debido á mellora dos accesos. “Lo único que no cambió fue que la juventud no quería aquella vida. No deseaban ese futuro para ellos y se marcharon. Esto empezó a anunciar lo que se venía: el envejecimiento de la población y, finalmente, la despoblación”.

Cándido Pequeño rememorou os relatos dos médicos locais que tiñan asignados os cupos de beneficencia, como o doutor Don Juan López. “Me encantaba escuchar sus historias, como aquella vez en la que cabalgó hacia una aldea perdida de Touriñán. Estuvo tres días —en los que permaneció desconectado de su familia y del resto de los pacientes— hasta que el parto ocurrió. Lo hizo porque su vocación le obligaba a atender a aquella paciente”.

O doutor Pequeño tamén falou da súa etapa en Betanzos, que supuxo unha experiencia única. Entre os momentos máis importantes estivo a creación dun grupo de autoformación chamado As Mariñas por parte de varios médicos de APD da comarca. “Cada mes traíamos a un ponente que nos hablaba del tema que nos interesaba. Esto duró casi 30 años y aquellos que empezaron como compañeros, acabaron siendo amigos”. Ademais, tamén viviu outro feito relevante na medicina rural: a creación dun dos primeiros Puntos de Atención Continuada (PAC) de Galicia. “Diez ayuntamientos centralizaron su atención de Urgencias en este espacio. Un gran número de médicos titulares pasaron a tener un horario de mañana, y, cada ocho días, dos de ellos hacían la guardia con nosotros, que éramos los profesionales de Urgencias”. Engadiu que este cambio marcou un antes e un despois para os APDs ao permitirlles conciliar a súa vida laboral coa persoal.

No repaso da súa traxectoria, o experto falou da súa chegada a Cee fai máis de 20 anos e evidenciou o resultado da evolución da medicina rural hasta a actualidade. “Su Servicio de Atención Primaria engloba cinco centros de salud y un PAC. Somos 65 profesionales de distintas categorías que atendemos a la comarca de Fisterra. Además, estamos coordinados por un hospital”. Resaltou que a medicina rural de hoxe en día posúe un horario, infraestruturas e medios, así como novas tecnoloxías. Tamén salientou que os retos son distintos. Agora, entre as problemáticas máis graves atópase o envellecemento poboacional, que marca unha cronicidade nas patoloxías. 

O último en intervir foi Braulio Pérez, fillo do médico e a farmacéutica de Santa María de Baio. “Meus irmáns e eu medramos entre a consulta do meu pai e a oficina de farmacia da miña nai. Ambas estaban na nosa vivenda familiar, na planta baixa da casa”. Os recordos deste contorno serviron de material para Médicos e medicina rural na Costa da Morte. A figura do doutor Manuel Pérez Maroño, libro asinado polo propio Braulio Pérez. O autor expresou que a admiración que sente polos seus pais existe por distintos motivos, como o seu interese pola formación. “Preocupábanse por mellorala participando en numerosas actividades, como os congresos organizados pola Sociedade Española de Medicina Rural e Xeneralista —fundada no ano 1973 e na que meu pai foi un dos seus impulsores—. Tamén realizaban cursos formativos nos colexios, ou na Academia de Medicina e nas propias facultades. Creo que o exemplo máis evidente dese interese foron os cursos de formación médica continuada para os sanitarios da Costa da Morte. Unha iniciativa pioneira en toda España que levaba a Baio en torno a 120 profesionais” de diferentes especialidades.

Tamén profesou o respecto que sinte pola súa dedicación permanente aos doentes. “Era unha auténtica vocación de servizo. Tiña unha serie de inconvenientes, como a dificultade de conciliar a vida familiar e laboral, pero as satisfaccións eran moi grandes”. Outro inconveniente consistía “no desgaste físico e psicolóxico que sufrían os médicos daquel entón”. Non obstante, puntualizou como aspecto moi apreciado o seu estrito código ético e deontolóxico. “Desde o punto de vista profesional, o principio guía de todos estes sanitarios era a defensa do paciente e da súa dignidade. Levaban iso ata os límites máis insospeitados. Non había ningún tipo de problema ou diferenza por status. Todos os pacientes eran tratados de igual maneira”. Sobre este aspecto, engadiu que, na primeira metade do século XX, o seu avó —médico de APD entre 1916 e 1959— e outros doutores do entorno rural traballaban a través da avinza e que, en moitas ocasións, exercían sen cobrar; incluso chegaron a pagar as medicinas dos pacientes que no podían costealas.

Nunha anécdota que contou para reflexar a integridade do seu pai, Braulio Pérez afirmou que cando exerceu en Dumbría diagnosticou a silicose de moitos doentes do lugar a pesar das presións impostas polos representantes da fábrica de Carburos Metálicos en 1957. “Foi contra os intereses da empresa, que era moi forte e tiña persoas vinculadas ao réxime. Non querían que se lles relacionase cunha enfermidade profesional. Meu pai conseguiu con determinados especialistas que a silicose fose recoñecida”. 

Os médicos e farmacéuticos son persoas representativas das nosas vidas e aldeas. Considéranse figuras emblemáticas da Galicia rural xunto cos cregos e os mestres. Son tremendamente respectados e admirados e ben merecen o recoñecemento que facemos neste acto”, declarou.

Un dos asuntos que apareceu na sesión de preguntas foi a entrada da intelixencia artificial no mundo da medicina. Os relatores coincidiron en que esta nova tecnoloxía impón un gran avance, pero que carece da proximidade no trato que pode aportar un facultativo. “Penso que a IA e as tecnoloxías de información e comunicación serán un apoio fundamental para o médico. Considero que farán máis sinxelo exercer determinadas profesións, como a medicina. Pode potenciar a práctica en zonas onde non dispón de técnicas diagnósticas”, argumentou Braulio Pérez.

A xornada rematou coa actuación da Banda Municipal do conservatorio de Carballo, que dirixiu Xavier Bardanca. Moitas das pezas interpretadas pertencen ao folclore galego e entre elas estiveron a Sinfonía Romanía —cos temas como Ven bailar, Carmiña, O sacristán de Coimbra e A saia da Carolina—, La virgen de la Macarena e Holiday in Rio.