Encontro co alcalde de Carballo para celebrar o 130 aniversario do Colexio
Plantexamento dos actos de conmemoración do 130 aniversario que xunto ao Colexio de Farmacéuticos, levaremos a diferentes puntos da provincia

O presidente do Colexio, Luciano Vidán, xunto ao xerente da nosa institución, Francisco Vilanova, e o vicepresidente do Colexio de Farmacéuticos da Provincia da Coruña, Ramón Sáez, reuníronse o 29 de xaneiro co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, para avanzar na organización dun dos actos de conmemoración do 130 aniversario que ambas entidades colexiais levarán a diferentes puntos da provincia. O evento terá lugar o próximo 22 de marzo no Pazo da Cultura da capital bergantiñá, e xirará ao redor da figura dos profesionais sanitarios do ámbito rural ao longo da historia.
O doutor Vidán destacou a colaboración e implicación que demostra o Concello de Carballo sempre que o Colexio lle presenta algunha iniciativa: “o alcalde xa é case un colexiado máis”, asegurou. Tamén incidiu “na nosa vocación de abrirnos á sociedade, e por iso estamos levando estas xornadas a diferentes localidades, nas que desexamos que haxa unha importante implicación social da veciñanza e de agrupacións culturais locais”.




