A OSTEOPOROSE é un proceso que afecta a todo o tecido óseo debilitando a súa resistencia e facilitando a aparición de fracturas.
A súa prevención 1ª é difícil e depende da detección precoz de factores de risco e das recomendacións de saúde ósea que sexamos capaces de transmitir á poboación en risco.
A prevención 2ª tras unha primeira fractura por fraxilidade é inescusable, reduce a morbilidade, a mortalidade e a aparición de novas fracturas, ten implicacións multidisciplinares e mellora con estruturas organizativas de prevención de fracturas onde a participación de todos os niveis e elementos asistenciais é clave.
Os tratamentos dispoñibles son seguros e eficaces, e os seus resultados melloran se se usan no tempo e a secuencia adecuados.
A participación activa dos especialistas de Medicina de Familia, así como a implicación das distintas especialidades hospitalarias que teñen responsabilidades na atención destes pacientes determina os resultados en saúde desexados.
Convidámosche a participar no 5º curso de Osteoporose da nosa área sanitaria. Presencial (prazas limitadas) e en liña (plataforma GoTomeeting).