O 21 de xaneiro de 2013, entrou en vigor o Real Decreto 1718/2010 sobre receitas médicas e ordes de dispensación. Así, os médicos que exercen a medicina privada e aqueles que, independentemente do lugar de traballo, requiran do seu uso de forma particular, deberán utilizar este novo modelo de receita, cuxa solicitude está dispoñible no Colexio.

A nova receita leva implantado un código de verificación electrónica; unha especie de código de barras asociado ao número de receita, que permitirá comprobar a que médico foi asignado determinado talonario, a que Colexio pertence o facultativo prescritor, cal é a súa especialidade e en que farmacia se dispensou o medicamento prescrito.
Receta Privada Electrónica
Todos os profesionais médicos da provincia da Coruña xa poden acceder ao sistema unificado de receita electrónica privada, co que os pacientes poden retirar os seus medicamentos en calquera oficina de farmacia de España. O sistema está dispoñible de forma gratuíta para os case 8.000 profesionais da provincia grazas ao convenio de colaboración asinado polo Consello Galego de Colexios de Médicos e a Consellería de Sanidade.
A implantación deste novo servizo representa un fito histórico que aliña á sanidade galega cos máis altos estándares de modernización, seguridade e calidade asistencial, ofrecendo unha ferramenta robusta e esperada tanto por profesionais —especialmente aqueles con exercicio libre— como por pacientes.
O servizo ofrécese a través da plataforma tecnolóxica Docline, homologada pola Organización Médica Colegial de España e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos de España. A través deste sistema establécese un control rigoroso desde a prescrición ata a dispensación e garántese en todo momento a identidade do prescritor e a autenticidade da receita para evitar a fraude e os usos indebidos.
Pasos para rexistrarse no sistema
Unha das prioridades do Colexio para a implantación da ferramenta é a súa seguridade, que comeza co proceso de rexistro. Os profesionais que desexen inscribirse na plataforma poden facelo a través deste banner.
1
Solicitude de alta
Pídenlle os seguintes datos: correo electrónico, nome, apelidos, dni, data nacemento, teléfono, nº de colexiado (9 díxitos – 15150XXXX ou 1515XXXX), especialidade, colexio.
2
Certificado dixital
É imprescindible ter certificado dixital descargado no computador, móbil: formato.p12
En caso de non dispoñer dun certificado dixital, o primeiro paso consiste en solicitalo a través da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). Pode realizar a solicitude a través da seguinte ligazón: https://www.sede.fnmt.gob.es/certificados/persona-fisica
Unha vez solicitado, poderá descargalo e instalalo no seu computador como no seu móbil
Ao solicitar o certificado dixital, pediráselle que estableza un contrasinal. Lembre elixir un contrasinal seguro e conservala, xa que será necesaria para o uso posterior do certificado.
3
Foto do documento nacional de identidade
Prepare fotografías con calidade e lexibles de documento de identidade (DNI, NIE) incluíndo:
· Anverso (cara frontal) e
· Reverso (cara posterior
O formato das imaxes debe ser preferiblemente .png
4
Firma do contrato
ecibirá o contrato por email para a súa firma na plataforma signaturit, abra o contrato e léao detidamente:
Encha os campos requiridos
Achegar fotografas DNI/NIE e certificado dixital .p12
Importante: a firma do contrato non debe realizarse mediante Adobe Acrobat nin ningún outra programa externo.
O envío e a firma do contrato efectuaranse exclusivamente a través da plataforma Signaturit, que garante a validez legal, a rastrexabilidade e a seguridade do proceso.
LEMBRE:
O certificado dixital do médico é utilizado exclusivamente co fin de verificar a súa identidade e permitir o seu acceso ao sistema de prescrición electrónica. Por tanto, o proceso é totalmente seguro e conforme a normativa vixente, garantindo a protección da identidade dixital do médico en todo momento.
5
Verificación final
Asinado o contrato e verificada documentación, o profesional deberá completar o proceso mediante verificación de identidade por videollamada.
· O médico recibirá un correo electrónico coa ligazón a un calendario para reservar a reunión.
· Poderá seleccionar o día e a franxa horario que mellor se adapte á súa dispoñibilidade.
Durante a videoconferencia deberá mostrar o seu DNI para verificar visualmente a súa identidade e a súa correspondencia coa documentación previamente enviada.