O Colexio de Médicos da Coruña proporciona aos membros a información que necesitan para participar en proxectos de cooperación.

A Fundación dos Colexios Médicos para a Cooperación Internacional (FCOMCI) xestiona áreas de interese e utilidade para os médicos colexiados.

Os profesionais médicos que desexen traballar no ámbito humanitario ou que estean a traballar no, contan con esta plataforma para rexistrarse e poñerse ao servizo das organizacións. Semestralmente, desde a Fundación enviámosvos a todos os Colexios de Médicos a relación de profesionais médicos rexistrados dos vosos Colexios de Médicos.

O Rexistro foi informatizado co obxectivo introducir melloras como, por exemplo, posibilitar ao profesional médico acceder ao seu perfil en calquera momento, para modificar, actualizar, mellorar e adaptar a información do mesmo en relación ás súas competencias profesionais e académicas.

A partir deste intre, o profesional médico poderá destacar o seu ámbito de especialidade, informar da súa dispoñibilidade para acceder a programas internacionais, actualizar a súa formación e experiencia laboral, así como acceder a oportunidades profesionais e de voluntariado en organismos internacionais, organizacións non gobernamentais, centros sanitarios e institucións do ámbito da saúde global, a cooperación internacional para o desenvolvemento, a intervención en emerxencias e a acción humanitaria.

O Rexistro de Profesionais Médicos Cooperantes e Voluntarios ten o obxectivo de:

  • Establecer unha bolsa de profesionais médicos ao servizo da Sociedade, as ONG, Organismos Internacionais, institucións médicas e académicas, que traballan no ámbito da axuda humanitaria, a emerxencia internacional, a Saúde Global e a cooperación para o desenvolvemento no ámbito da saúde.
  • Favorecer ás organizacións a localización de profesionais médicos adecuados para os seus proxectos e intervencións, por especialidades, así como aos profesionais médicos a localización de necesidades en organismos internacionais e organizacións humanitarias.
  • Coñecer a realidade dos profesionais médicos que estean a traballar en proxectos de cooperación internacional, detectar as súas necesidades e avanzar en programas e prestacións que lles dean resposta.
  • Establecer unha ferramenta de traballo entre o profesional médico e as organizacións e institucións nacionais e internacionais que traballan no ámbito da cooperación internacional e a axuda humanitaria.

Se estás interesado en cooperar

Aquí poderás atopar a información

Fundación para a Cooperación Internacional

Más información

Actividades Sección cooperación e solidaridade

IV PREMIOS SOLIDARIOS

O Colexio Oficial de Médicos da Coruña convocou unha nova edición dos premios solidarios dirixidos a facilitar a colaboración dos colexiados en actividades de promoción

Leer más »