É unha organización de natureza fundacional, de interese galego, sen ánimo de lucro, cuxo patrimonio está afectado de modo duradeiro á realización dos fins de interese xeral da institución.
A fundación rexerase pola Lei do Parlamento de Galicia 12/2006 do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, polo regulamento que a desenvolva, pola vontade do fundador, polos presentes estatutos e polas normas e disposicións que en interpretación e desenvolvemento dos mesmos estableza o padroado.
Así mesmo, tamén se rexerá polas disposicións que lle sexan aplicables da Lei 50/2002 do 26 de decembro de Fundacións, pola Lei 49/2002 do 23 de decembro de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado e polo Real Decreto 1270/2003 do 10 de outubro polo que se aproba o regulamento para a aplicación do réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, así como pola demais normativa que sexa de aplicación.
A fundación desenvolverá as súas actividades principalmente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A actividade da fundación, que non estará determinada polo ánimo de lucro, tenderá en todo caso ao cumprimento dos seus fins xerais de interese galego, desenvolverase principalmente no ámbito territorial de Galicia, e non poderá permanecer vinculada ao beneficio de persoas determinadas.
FINS DA FUNDACIÓN
A Fundación Hipocrática para a Saúde ten como fins fomentar a formación e a protección social dos médicos, impulsar o estudo e a investigación en materias relacionadas coa saúde e a enfermidade, favorecer a divulgación e o coñecemento por parte dos cidadáns das materias relacionadas coa saúde, a enfermidade, e coa política sanitaria, e realizar calquera tipo de actividades que sexan susceptibles de contribuír á mellora da saúde da poboación e a súa promoción.
Actividades da Fundación Hipocrática

Selección de casos clínicos I
Libro da selección de casos clínicos presentados no I Concurso de casos clínicos para residentes da Fundación Hipocrática

Selección de casos clínicos III
Libro da selección de casos clínicos presentados no III Concurso de casos clínicos para residentes da Fundación Hipocrática.

I CONCURSO RELATOS BREVES DA FUNDACIÓN HIPOCRÁTICA
A Fundación Hipocrática convocou a I edición do Concurso de Relatos Breves aberto a todos os colexiados/as. A data límite de presentación dos traballos será