Para colexiarse é necesario presentar a seguinte documentación:

  1. DNI (orixinal).
  2. Unha fotografía tamaño carné.
  3. Documento de domiciliación bancaria español para a atención de recibos colexiais.
  4. Título orixinal de licenciado/a en Medicina. No caso de non dispoñer del, certificación acreditativa da universidade correspondente da finalización dos estudos de Medicina ou certificación de abono dos dereitos de expedición do título de licenciado/a en Medicina.
  5. Se se dispón de especialidade, título/s orixinal/is de especialista. No caso de non dispoñer del, resgardo do título/s de especialista.
  6. Se é MIR, fotocopia do documento de adxudicación da praza (hospital/centro de formación de especialidade).
  7. Xustificante de ingreso da cota de inscrición no Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña de 120,00 € (ABANCA ES49-2080-0006-44-3040026591) ou abono en efectivo ou con tarxeta no propio Colexio.
  8. Se procede doutro Colexio Oficial de Médicos, certificado de baixa na institución colexial de procedencia.
  1. Documento (orixinal) que acredite a identidade e nacionalidade do solicitante, expedido polas autoridades competentes do país de orixe ou de procedencia ou polas autoridades españolas en materia de estranxeiría (NIE).
  2. Unha fotografa tamaño carné.
  3. Documento de domiciliación bancaria español para a atención de recibos colexiais.
  4. Título orixinal de licenciado/a en Medicina.
  5. Documento orixinal, con valor comunitario, de resolución de recoñecemento do título de licenciado/a en Medicina para exercer en España (expedido polo Ministerio de Sanidade) ou copia certificada/autenticada polo Ministerio de Sanidade.
  6. Título/s orixinal/is de especialista.
  7. Documento orixinal, con valor comunitario, de resolución de recoñecemento do/s título/s orixinal/is de especialista para exercer en España (expedido polo Ministerio de Sanidade) ou copia certificada/autenticada polo Ministerio de Sanidade.
  8. Se é MIR, fotocopia do documento de adxudicación da praza (hospital/centro de formación e especialidade).
  9. Certificación expedida polo organismo oficial legalizado por vía diplomática de non estar nin ter estado inhabilitado/a para o exercicio da medicina (orixinal e tradución ao castelán). O certificado terá unha validez de tres meses. A certificación só é necesaria en caso de primeira colexiación ou de que transcorresen máis de tres meses desde a data de baixa no colexio de procedencia.
  10. Xustificante de ingreso da cota de inscrición no Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña de 120,00€ (ABANCA ES49-2080-0006-44-3040026591) ou abono en efectivo ou con tarxeta no propio Colexio.
  11. Se procede doutro Colexio Oficial de Médicos, certificado de baixa do Colexio Oficial de Médicos de procedencia.

Nota: Todos os documentos deben estar debidamente validados/compulsados/legalizados por vía diplomática e, no seu caso, acompañaranse de tradución xurada. 

  1. Documento (orixinal) que acredite a identidade de nacionalidade do solicitante, expedido polas autoridades competentes do país de orixe ou de procedencia ou polas autoridades españolas en materia de estranxeiría (NIE).
  2. Unha fotografa tamaño carné.
  3. Documento de domiciliación bancaria español para a atención de recibos colexiais.
  4. Título orixinal de licenciado/a en Medicina.
  5. Documento orixinal de homologación do título de licenciado/a en Medicina (expedido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional).
  6. Título/s orixinal/is de especialista.
  7. Documento orixinal de homologación do título/s orixinal/is de especialista (expedido polo Ministerio de Sanidade, previa resolución oficial do seu Comité de Avaliación, segundo o R.D. 459/2010).
  8. Se é MIR, fotocopia do documento de adxudicación da praza (hospital/centro de formación e especialidade).
  9. Certificación expedida polo organismo oficial (legalizado por vía diplomática ou apostila da Haia), de non estar nin ter estado inhabilitado/a para o exercicio da medicina (orixinal e tradución ao castelán). O certificado terá unha validez de tres meses. Para realizar o proceso de colexiación é imperativo presentar esta certificación.
  10. Xustificante de ingreso da cota de inscrición no Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña de 120,00 € (ABANCA ES49-2080-0006-44-3040026591) ou abono en efectivo ou con tarxeta no propio Colexio.
  11. Se procede doutro Colexio Oficial de Médicos, certificado de baixa do Colexio Oficial de Médicos de procedencia.

NOTA: Todos os documentos deben estar debidamente validados/compulsados/legalizados por vía diplomática ou mediante apostila da Haia e, no seu caso, acompañaranse de tradución xurada (Anexo I do R.D. 459/2010, de instrucións para cubrir a solicitude e validación do recoñecemento de títulos de especialista obtidos no ámbito extracomunitario).

Asegúrese de que ten todos os documentos para achegar a solicitude.

No caso de que falte algunha documentación poñerémonos en contacto con vostede para emendar a solicitude antes da cita.

SOLICITUD DE COLEXIACIÓN

Aquí poderá cubrir a solicitude de colexiación

CITA PREVIA

Solicitude de cita previa para colexiación