O Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña foi recoñecido no marco da VIII Convención da Profesión Médica da Organización Médica Colexial de España que se celebra en Madrid, pola súa traxectoria de “excelencia e compromiso profesional como corporación pública”. O Colexio conmemora este ano o 130 aniversario da súa fundación polo doutor Ramón Pérez Costales.
En representación da Xunta Directiva do Colexio coruñés e dos máis de 7.500 médicos que o compoñen, o seu presidente, Luciano Vidán, recibiu a placa que recolle os méritos da institución de mans da vicepresidenta segunda do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos de España, Rosa Arroyo.
O doutor Vidán mostrouse “moi orgulloso” pola concesión deste recoñecemento, “resultado do compromiso de xeracións de profesionais que nos precederon desde fai máis dun século” e do “esforzo permanente da Xunta Directiva pola excelencia, a calidade na xestión e a ética na profesión”. Este recoñecemento “impúlsanos a seguir traballando co mesmo rigor, compromiso e vocación de servizo que nos caracterizou ao longo da nosa historia”.