Novas

O proxecto “Manexo clínico dunha persoa con monoartritis” premiado nos III premios Ennova Health

O proxecto de simulación con realidade virtual inmersiva de “manexo clínico dunha persoa con monoartritis”, realizado no servizo de Reumatoloxía do Chuac e a Universidade da Coruña, en colaboración coa Universidade de Salamanca, mereceu un premio de innovación na categoría de telesalud e e-learning na III edición dos Premios Ennova Health entregados o luns 20 de novembro en Madrid (foto adxunta con Javier de Toro e o resto de involucrados recollendo o premio)