Novas

O Colexio de Médicos coa Comunidade Valenciana

Por acordo da Xunta Directiva do COM da Coruña iniciouse unha campaña de recollida de fondos para axuda humanitaria á Comunidade Valenciana nunha conta da Fundación Hipocrática, onde pode realizar a súa achega calquera colexiado, cidadán, empresa ou institución.

Os donativos poden ingresarse na conta de Abanca con IBAN ES94 2080 0058 1930 4004 0896, indicando como concepto “AXUDA A COMUNIDADE VALENCIANA COLEXIO DE MÉDICOS A Coruña”.

A xunta directiva do Colexio en sesión celebrada o día 5 de novembro acordou que o importe destinado a solidariedade e cooperación do orzamento deste ano sería doado a esta causa.

O importe recadado ingresarase na conta solidaria que a Generalitat Valenciana creou destinada a apoiar aos afectados pola DANA que azoutou a Comunidade Valenciana.

Doutra banda, a Conselleria de Sanidade coordina o voluntariado de profesional sanitario nas zonas afectadas pola DANA. Para obter máis información, pode acceder a esta ligazón.

Tamén pode acceder ao rexistro de voluntariado de profesionais sanitarios da Comunidade Valenciana nesta ligazón.