Novas

O colexio culmina o traslado da súa sede administrativa a Riego de Auga

O cambio completarase este mércores, 1 de xullo.

O Colexio culminará o mércores, 1 de xullo, o proceso de traslado da súa sede administrativa ás instalacións da rúa Riego de Auga – onde naceu a institución en 1894 -, tal e como se aprobou por unanimidade na asemblea xeral de 2024.

A partir desa data, todas as xestións e consultas presencial deberán realizarse nestas dependencias, que foron reformadas para adaptarse á súa nova actividade. A sede, ademais, contas coas últimas tecnoloxías informáticas e audiovisuais para atender as necesidades dos médicos da provincia e organizar talleres e xornadas formativas tanto en formato presencial como a través de internet.

O cambio enmárcase no compromiso co bo goberno e a excelencia na xestión que a xunta directiva mantén coa colexiación. Desde esta perspectiva, e tras os esforzos levados a cabo para dixitalizar as xestións administrativas – o que reduciu o número de persoas que optan por acudir fisicamente ás oficinas colexiais -, non resulta eficiente manter dúas sedes abertas na mesma cidade, cos gastos que isto implica.

Para calquera dúbida ou consulta, os colexiados teñen ao seu dispor o 981295899 ou 881053879 (provisional).