Reunión na Delegación do Goberno co presidente do Colexio de Médicos da Coruña
Pedro Blanco reitera a colaboración do Goberno co Colexio de Médicos da Coruña a prol da sanidade galega
- O delegado salientou o compromiso do Goberno co sector médico e trasladoullo ao seu presidente na Coruña
A Coruña, 23 de setembro de 2024.- O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mostrou a colaboración entre o Goberno de España e o Colexio de Médicos da Coruña a prol da sanidade en Galicia. Fíxoo durante unha xuntanza co presidente do Colexio de Médicos da provincia da Coruña, Luciano Vidán, quen tamén é o xefe do servizo de Hospitalización a Domicilio e Coidados Paliativos da Área Sanitaria da Coruña.
Pedro Blanco trasladoulle a Vidán o compromiso que ten o Goberno co seu gremio, crucial para superar situacións como a da pandemia e clave no día a día dos galegos e galegas. O delegado lembrou que o sistema sanitario público español se atopa á vangarda a nivel mundial, superando crises tan importantes como a da covid e desenvolvendo unha vacina contra esta enfermidade ou sendo tamén unha das referencias en eidos tan concretos coma os transplantes, a vacinación infantil ou a reprodución asistida.