Notas de prensa

O Colexio Médico da Provincia da Coruña, galardoado coa Insignia de Ouro de Ferrol

• A Corporación ferrolá recoñece desta maneira o labor que desenvolve a institución colexial precisamente cando se cumpren 130 anos da súa fundación.
• Luciano Vidán, presidente do Colexio: “trátase dunha gran honra que agradecemos profundamente. Este é un recoñecemento ao labor que miles de médicos ferroláns levaron a cabo para curar, aliviar e consolar aos seus pacientes”
• Desde o seu nacemento, o Colexio estivo estreitamente vinculado con Ferrol. A institución contou e conta na cidade con grandes profesionais que han engrandecido a medicina, contribuíron a desenvolver o Colexio e axudaron a mellorar a asistencia sanitaria

Ferrol, 13 de decembro de 2024 – O Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña será recoñecido o próximo 7 de xaneiro coa Insignia de Ouro de Ferrol. Así o acordou hoxe a Corporación da cidade departamental, que recoñece desta maneira o labor que desenvolve a institución colexial precisamente cando se cumpren 130 anos da súa fundación.

Desde o seu nacemento, o Colexio estivo estreitamente vinculado con Ferrol. A institución contou e conta na cidade con grandes profesionais que han engrandecido a medicina, contribuíron a desenvolver o Colexio e axudaron a mellorar a asistencia sanitaria e o traballo dos facultativos.

A institución colexial, ao longo da súa historia, desenvolveu un intenso labor para protexer os dereitos dos médicos e pacientes ferroláns, mantivo unha estreita colaboración institucional coas autoridades locais e organizou cursos e iniciativas para actualizar os coñecementos dos profesionais médicos da cidade. Tamén levou a cabo campañas sanitarias de concienciación e prevención para contribuír a mellorar a saúde da poboación ferrolá, demostrou un forte compromiso coa saúde pública e o benestar social e colaborou con asociacións locais para alcanzar estes obxectivos.
Para o Colexio é un inmenso orgullo recibir, en representación dos máis de 7.500 integrantes que o compoñen, a Insignia de Ouro de Ferrol. Segundo o seu presidente, Luciano Vidán, “trátase dunha gran honra e unha satisfacción que agradecemos profundamente ao Concello e aos grupos municipais. Este é un recoñecemento ao labor que miles de médicos ferroláns levaron a cabo para curar, aliviar e consolar aos seus pacientes. E, ademais, impúlsanos a continuar como colectivo na senda da procura da excelencia, a calidade na xestión e a ética na profesión”.

Traxectoria do Colexio en Ferrol
A institución colexial naceu en 1894 na Coruña, pero poucos anos despois, en 1898, un grupo de eminentes facultativos ferroláns —encabezados polo subdelegado de Medicina na localidade, Ángel de Liños— solicitaron ao goberno a creación dun colexio propio e independente.

En principio, a lexislación esixía que os colexios tivesen a súa sede na capital provincial para ser recoñecidos como oficiais. Con todo, debido á relevancia de Ferrol —que entón contaba con máis de 25.000 habitantes e numerosos profesionais vinculados á Armada e ao Exército— e á mala calidade das comunicacións coa Coruña —que facía pouco operativo que os médicos tivesen que desprazarse para realizar trámites—, o 26 de xuño de 1900 o Real Consello de Sanidade accedeu á solicitude e autorizou a creación do Colexio Médico-Farmacéutico de Ferrol. O seu primeiro presidente foi o propio Ángel de Liños, que tamén era delegado da Cruz Vermella na cidade. En 1904, coa publicación do Real Decreto do 12 de xaneiro sobre Instrución Xeral de Sanidade Pública, déixase claro que os colexios médicos son institucións provinciais, polo que o colexio ferrolán integrouse na estrutura provincial como xunta de distrito —precursora da actual delegación—.

Ao longo dos anos, Ferrol acolleu importantes eventos médicos nos que se deron cita centenares de profesionais. Durante a presidencia de Alfonso Couce Doce no consello comarcal destaca a celebración dun congreso da Sociedade Española de Medicina Deportiva, no que participaron máis dun centenar de especialistas de todo o país —entre eles o doutor Eduardo Toba Muíño, que chegou a ser seleccionador nacional de fútbol—.

O vínculo histórico de Ferrol coa Armada fixo que a cidade departamental fose o lugar idóneo para organizar o quinto foro sanitario do Colexio, en 2011. En concreto, o Arsenal de Ferrol cedeu as súas instalacións para a celebración do evento, no que se abordou o traballo dos médicos da Armada nalgúns dos puntos máis quentes do planeta, como Bosnia, o Mar Arábigo, o Océano Índico ou Afganistán.

Más recentemente, en 2021, Ferrol tamén foi protagonista do Día Mundial da Parada Cardíaca, no que se reuniu a centenares de nenos de diferentes centros educativos da cidade para ensinarlles manobras básicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) e a utilizar desfibriladores para saber reaccionar #ante unha parada cardiorrespiratoria.

Ferroláns ilustres vinculados ao Colexio

A historia do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña está intimamente relacionada con numerosas persoas ilustres de Ferrol, entre as que se atopan Jaime Quintanilla Ulla, primeiro alcalde de Ferrol en democracia e membro da Xunta Directiva colexial; Alfonso Couce Doce, alcalde de Ferrol e delegado do Colexio na cidade; José Rey Romalde, tesoureiro do Colexio e responsable dun prestixioso sanatorio en Ferrol que levaba o seu nome; Miguel Martínez Falero, prestixioso cirurxián ferrolán e integrante da Xunta Directiva colexial; Manuel Nieto Noya, impulsor do Hospital de Mariña e colaborador do Colexio; Manuel Garaizabal Bastos: director do Hospital de Mariña e colaborador do Colexio, Ricardo Díaz Casteleiro, xefe de Servizo de Anestesiología e Reanimación en Ferrol, coronel de Mariña e delegado do Colexio; Manuel Molíns de Sas, delegado do Colexio en Ferrol, ou Adolfo Rey Seijo, xeneral do Corpo Militar de Sanidade e gran colaborador do Colexio.

Ademais, desde a chegada do doutor Luciano Vidán á presidencia da institución, se instituyó un acto anual, o Encontro Médico, no que se premia coa Medalla de Ouro e Brillantes a un profesional excelente. En Ferrol, foron galardoados con esta distinción Javier Martínez Pérez-Mendaña e Rosa Arroyo Castillo. O doutor Pérez-Mendaña ostentou a xefatura do Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol desde 1983 ata a súa xubilación, é académico numerario da Real Academia de Medicina de Galicia e presidiu a Comisión de Ética e Deontología do Colexio, da que segue sendo membro actualmente. Pola súa banda, a doutora Arroyo é unha oftalmóloga de recoñecido prestixio que exerce no Chuf. Foi vicepresidenta, secretaria xeral e vicesecretaria do Colexio antes de ser a primeira muller en acceder á Comisión Permanente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos de España: primeiro como vicesecretaria xeral e, actualmente, como vicepresidenta segunda.