Novas

I CONCURSO RELATOS BREVES DA FUNDACIÓN HIPOCRÁTICA

A Fundación Hipocrática convocou a I edición do Concurso de Relatos Breves aberto a todos os colexiados/as.

A data límite de presentación dos traballos será o día 15 de setembro

BASES DO CONCURSO

O xurado formado por D. Jesús De Toro Santos, Dna. Mª Dolores Lorenzo Aguiar e D. Bernardo Seoane Díaz, reunido o día 30 de novembro de 2023 despois de ler os orixinais presentados ha fallado o seguinte:

1.- Proclamar gañador e primeiro premio dotado con 1.000€ ao relato titulado:

“O SOÑO DUNHA GARDA DE VERÁN”, presentado baixo o pseudónimo de BEN AFUROSO. A ciencia ficción, como tantas outras veces, serve para expresar as nosas preocupacións sobre o futuro ao que nos encamiñamos. Nesta ocasión, cunha dose de ironía, o relato introduce o temor á entrada da Intelixencia Artificial na práctica médica.

2.- Conceder Accésits de 500€ cada un, aos relatos que se mencionan a continuación

“AMPARO”, presentado baixo o pseudónimo de CHACHI PISTACHI Un relato breve e intenso. Entra na relación dialéctica entre médico e paciente coa agudeza do bisturí e ofrécenos unha lección final confortadora.

“LAS OCHO EN EL RENCOR”, presentado baixo o pseudónimo de RAMON VALLESPÍ Atrévese co delicado mundo das relacións dentro dunha parella, o desequilibrio destas, e un desenlace atroz, todo con eficacia narrativa.