Foi elixido como o pediatra máis prestixioso de España. Así foi destacado na gala dos primeiros premios Merco-Observatorio de Saúde, celebrada este luns en Madrid. . O ourensán e xefe do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago é tamén coordinador da unidade de investigación en Vacinas e Ensaios Clínicos Pediátricos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS). O seu premio incluíuse no apartado de médicos máis reputados, onde se destacaron 21 especialidades hospitalarias.