CONVENIO CON PARADORES

Tanto os profesionais da Medicina colexiados en España, como os traballadores da Organización Médica Colexial e dos Colexios de Médicos teñen dereito a un desconto exclusivo do 15% sobre a “Tarifa Parador” en réxime de aloxamento e almorzo nos cuartos estándar e superiores. A promoción ten vixencia dende o 2 de xanerio ata o 29 de decembro do 2026.

Ademais, os familiares a cargo do beneficiario tamén poderán obter a bonificación a condición de que vaian acompañados polo propio beneficiario, que é quen debe realizar a reserva.  As reservas, que están suxeitas a dispoñibilidade, efectúanse a través de a web de Paradores, na central de reservas de Paradores (Tel.: 91 374 25 00), por correo electrónico: reservas@parador.es, ou directamente en cada Parador.

Para realizar a reserva o beneficiario debe indicar o código promocional CE26CGCM e identificarse como colexiado ou empregado da OMC ou dun Colexio de Médicos.