O Pleno da Xunta Directiva deste Ilustre Colexio, reunido o día 12 de maio de 2026, de conformidade cos estatutos particulares do Colexio, acordou delegar no Presidente Dr. Luciano Vidán Martínez a convocatoria de eleccións para cubrir todos os cargos da mesma que se especifican a continuación:
Presidente
Vicepresidente 1º
Vicepresidente 2º
Vicepresidente 3º
Secretario Xeral
Vicesecretario
Tesoureiro – Contador
10 Vogais
A xornada electoral terá lugar o día 18 de xuño de 2026, nas sedes colexiais da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol, en horario de 9 a 20 horas.
O procedemento electoral rexerase polo “Regulamento Electoral” aprobado polo Pleno de Junta Directiva o 4 de marzo de 2010 e pola Asemblea Xeral de Colexiados celebrada o 24 de marzo de 2010, actualizado polo Pleno da Xunta Directiva celebrada o 29 de marzo de 2022 e pola Asemblea Xeral de Colexiados celebrada o mesmo día 29 de marzo de 2022, que se pode consultar na páxina web colexial (www.comc.es)
Os colexiados que fagan uso do seu dereito de voto por correo ou do voto presencial anticipado, axustaranse á regulación contida no regulamento electoral e ás instrucións que se acompañan neste escrito.
Por sorteo notarial resultaron nomeados para constituír a Xunta Electoral, os seguintes colexiados:
Titulares: Dna. Juliana ELICES TELLA, pola demarcación da Coruña
Dna. Nuria CREGO GARCIA, pola demarcación de Santiago
Dña. Rosa Mª PEREZ COBETA, pola demarcación de Ferrol
Suplentes: Dª. Chelo NAYA CENDON, pola demarcación da Coruña
Dª Aitziber SANTIAGO LANGARICA, pola demarcación de Santiago
Dña. Laura Mª VIGO SANTAMARIÑA, pola demarcación de Ferrol
O prazo de presentación de candidaturas iníciase o día 14 de maio de 2026 e finaliza o 2 de xuño de 2026, en horario de oficina de días laborables (de 9 a 15 h. e de 17 a 19 h. de luns a xoves, e de 9 a 15 horas os venres).
As candidaturas deberán presentarse por escrito, en calquera das sedes colexiais e dentro do prazo fixado.
As candidaturas estarán constituídas por listas pechadas e completas a todos os cargos convocados.
No escrito de presentación da candidatura constará a relación nominal dos candidatos, o seu número de colexiado, o cargo ao que se presentan e a firma de cada un deles.
A Xunta Directiva será elixida en votación directa e secreta na que poderán participar como electores todos os colexiados con dereito a voto, incorporados a este Colexio antes do 1 de maio de 2026.
Para ser elixible como vogal será necesario estar colexiado, acharse ao corrente de todas as obrigacións corporativas, non atoparse afectado por prohibición ou incapacidade legal ou estatutaria, nin estar sometido a expediente. Para os demais cargos (presidente, vicepresidentes, secretario xeral, vicesecretario e tesoureiro-contador) será necesario, ademais, acharse no exercicio da profesión.
O Colexio ponse ao dispor das candidaturas para a difusión do seu programa á colexiación.
A Xunta Directiva roga a súa participación nas eleccións, que terán lugar o día 18 de xuño de 2026.
A Coruña, 13 de maio de 2026
CONVOCATORIA ELECCIÓNS – GALEGO
CONVOCATORIA ELECCIÓNS – CASTELÁN