Actividades culturais e de lecer

XADREZ PARA TODOS – NOVA TEMPADA 2025-26

Como é habitual por estas datas, case outonais, imos renovar as actividades de Xadrez no Colexio neste novo curso 2025-26, para o que contactamos co noso colaborador e profesor do pasado curso, Sr. Jacobo Caselas, como sabedes Mestre Internacional de Xadrez.

Imos repetir a actividade de xadrez destes anos no Colexio Médico, para todas as idades: nenos, nenas, adolescentes, adultos e persoas maiores, unha vez coñecida a súa dispoñibilidade de días e de horarios para o Colexio.

Basicamente, ofreceunos, as mesmas opcións que o ano pasado 2024-25:

Clases para Nenos/Nenas e adolescentes:

Venres:
Grupo 1:
• de Iniciación: de 17:15-18:15h (1h./semana)
• perfeccionamento: de 17:15 a 18:15h (1h/semana)
Aulas separadas

Grupo 2:
• de Iniciación: de 18:30-19:30h (1h./semana)
• perfeccionamento: de 18:30 a 19:30h (1h/semana)
Aulas separadas

Sábado:
Grupo 3:
• de Iniciación e perfeccionamento: 10:30-11:30h
Aulas separadas

Adultos:

xadrez 0-0 de iniciación Maiores:
• Venres: unha soa quenda (16-17h)

xadrez de perfeccionamento Maiores
• Sábados. 12 – 13:30

✓Honorarios: 30€/mes. (Desconto por 2º irmán 25€)

Como é sabido, o Colexio, dentro do seu Plan de Actividades Culturais, subvenciona en parte (só o 50%), a cota resultante destes importes para Sres./as Colexiados/as e familiares directos en primeiro grao (Cónxuxes, parellas, pais e fillos), quedando excluídos desta bonificación os acompañantes invitados ou amigos dos colexiados/as, que poden ser rexistrados, pero como acompañantes.

Por tanto, as clases de xadrez que ofrece o Colexio, están abertas á participación de calquera colexiado/a en activo ou xubilado/a, así como de cónxuxes, familiares, parellas, amigos do colexiado/a participante…, e, basicamente, están convidados á participación: os nenos/as.

As virtudes do xadrez, a calquera idade son dabondo coñecidas; pero, nos nenos, son especialmente relevantes: está considerado dunha enorme utilidade como ferramenta pedagóxica. E, no adulto maior, senior, está comprobado, sen ningunha dúbida, a súa contribución á prevención da perda de memoria.

Lémbrovos as palabras que sempre tomo prestadas do coñecido divulgador de leste xogo-deporte-ciencia, Leontxo García, sobre os VALORES que transmite:

[…] a autocrítica, o saber gañar e perder, a empatía, o autocontrol, control do primeiro impulso, a disciplina, a adaptación á contorna, a adaptación á contorna escolar, ao alumnado, aos docentes, o control do tempo, a xestión do tempo, o pensamento flexible, que é unha calidade importantísima no século XXI…

Aqueles de vós que desexedes apuntarvos debedes comunicarllo ao Colexio polas vías habituais: mail culturacolegio@comc.es , ao tf 981.29.58.99 (mañás) e na páxina WEB do COMC.

Debendo facelo se é posible antes do próximo 30 deste mes de setembro.

Comezo das Clases: o Venres día 3 de outubro e sábado 4
Didáctica:

➢ Iniciación: ensinarase a mover as pezas e a coñecer as tácticas básicas. Diversificarase con xogos de estratexia e procuramos que practiquen con outros alumnos.

➢ Perfeccionamento: Ensinamos estratexias, finais e aperturas.
Lugar de impartición das clases:

As clases impartiranse nos locais da Escola Técnica de Xadrez

Dirección: Av. Rubine 31 (local da escola de azafatas Air Hostess)
Pódese probar unha clase sen compromiso (avisar antes)
Monitores con experiencia e titulados pola Federación. (Jacobo Caselas, Mestre Internacional de xadrez)
Contacto: Jacobo Caselas 626018013 jcaselas@gmail.com
Blog: https://escuelatecnicaajedrez.blogspot.com/
Nota Importante

Co obxecto de despexar as dúbidas que poidan suscitarse sobre este programa, convócase a todas as persoas interesadas, a unha reunión previa, na Sede do colexio de Rega de Auga, ao tempo, conformar no posible os Grupos segundo os horarios dispoñibles.

Dia: Venres 19 de Setembro.
Hora: 17h.
Lugar: Sede histórica do Colexio en Rega de Auga 2ª planta.