Actividades culturais e de lecer

GALICIA PROFUNDA: A EXPRESIÓN EN GRANITO

Actividade promovida pola Vogalía de Médicos Sénior do COMC, ABERTA á asistencia de TODOS/AS os Sres./as Colexiados/as.

Sábado 17 de FEBREIRO de 2024.

Actividade dun día con visitas a guiadas a varias manifestacións artísticas da comarca de Lalín e cocido de entroido.

Nada identifica tanto a unha rexión xeográfica como os materiais xeolóxicos, xa que deles dependeron sempre as construcións tradicionais, a arte e a etnografía. Descubrir unha zona da Galicia granítica, cos mellores exemplos do uso popular e cultural da pedra na Idade Media e no século XX, é o obxecto desta visita.

Máximo nº de asistentes: 55 persoas (entre Colexiados/as e acompañantes)

O itinerario da devandita actividade será o seguinte:

Recollidas do autobús

Hora 08:15h Recollida de Sres./Sras. Colexiados/as e acompañantes de Ferrol en Correos, enfronte do Teatro Joffre. Traslado A Coruña
Hora 09:00h Recollida dos Sres./Sras. Colexiados de A Coruña en a Sede de Salvador de Madariaga 66. Traslado a Santiago.
Hora 10:00 h. Recollida dos Sres./Sras. Colexiados/as de Santiago, no Palacio de Congresos de Santiago. Saída cara á Golada (Pontevedra). Inicio da actividade.

Visitas guiadas:

11:00.- Visitas varias á etnografía popular e a arte da zona, xunto coas grandes obras escultóricas do mestre Francisco Asorey.

Comida

–     14:30h. Cocido de entroido na Molinera (Lalín)

Regreso

Á finalización da comida

Ás 17:00h.

Regreso a Santiago: Parada para deixar ás Sras./Sres. Colexiados/as de Santiago e proseguir destino cara á Coruña.
Parada para deixar a Sras./Sres. Colexiados/as da Coruña e proseguir destino cara a Ferrol.
Saída cara a Ferrol.

Chegadas previstas

Chegada prevista a Santiago: 18:00h
Chegada prevista a Coruña 19:00h
Chegada prevista a Ferrol: 19:45h.

Importe da actividade: 38 €

Aberta a inscrición,

A selección dos asistentes, realizarase por rigoroso sorteo. Obterase aleatoriamente unha letra do abecedario a partir da cal, inclusivamente, iniciarase a inscrición por orde alfabética dos apelidos correlativos a ela, ata completar o mencionado aforo. Continuarase co ciclo de rotación das asistencias dos/as solicitantes ás ás actividades, -establecido de setembro 23 a xuño 24- durante o cal os Sres./Sras. Colexiadas que non fosen seleccionados para asistir á anterior actividade, teñen asegurada reserva de praza automaticamente para a presente. Con todo, advírtese que é preceptivo formalizar previamente a inscrición da actividade pretendida independentemente desta reserva.

Data límite para a inscrición: Xoves 8 de febreiro ás 12h.

Sorteo: ese mesmo día.

Requisito da inscrición

Nome e apelidos do colexiade/a e acompañante

Formalización:

Por telf. ao Colexio: 981.29.58.99 (Sr. Francisco López, só mañás)

Por páxina WEB do COMC, pulsar aquí.

Por correo-e: culturacolegio@comc.es