Actividades culturais e de lecer

ACTIVIDADE CULTURAL: A IDADE DO HUMANISMO: SANTIAGO RENACENTISTA – 12 DE ABRIL

Renacimiento en Santiago de Compostela

O plateresco e o clasicismo deixaron unha profunda pegada na arquitectura de Santiago de Compostela. A igrexa usou personaxes grecorromanos como modelos das novas virtudes do humanismo renacentista.

Actividade cultural aberta a TODA a Colexiación

Día: Sábado 12 de Abril de 2025.

Unha xornada en tres en actos

A actividade que presentamos desenvolverase en 3 actos:

Unha conferencia, vistas guiadas e unha comida no Pazo de San Lourenzo de Trasouto.

A conferencia: é aberta, de libre asistencia, sen límite de prazas. Non se require inscrición.

Para o Autobús da Coruña e Ferrol: límite de 55 persoas (aforo do autobús)

Para as visitas guiadas é posible que as prazas poidan chegar a ser limitadas en función á demanda que se xere. Como, para elas, deberase deambular por diversas rúas de Santiago os asistentes limitaríanse a 60 persoas entre colexiados/as e acompañantes (un/a único/a acompañante por colexiado/a).

No suposto caso de producirse máis solicitudes de prazas que o aforo previsto das visitas guiadas, procederase a realizar, como é habitual, un sorteo entre as persoas prerexistradas.

A comida: é aberta, sen límite de prazas, pero con preceptiva inscrición previa e abono do importe da mesma.

Acto primeiro

Conferencia:

Asistencia: Libre, non é preciso inscribirse, ata completar o aforo da sala da Sede.

“A IDADE DE HUMANISMO: SANTIAGO RENACENTISTA”

Hora: 10:00h
Lugar: Salón de actos da Sede do Colexio Médico en Santiago.
Impartida por:
José Ramón Soraluce Blond. Catedrático de Historia da Arquitectura na Escola Superior de Arquitectura da Coruña.

Acto segundo

Visitas guiadas: 11:30h

A finalización da conferencia desde lle Sede do Colexio, desprazarémonos andando á realizar as visitas guiadas a algunhas das manifestacións arquitectónicas máis relevantes Renacentistas de Santiago de Compostela.

Asistencia ás visitas: prazas limitadas a 60 persoas entre Sres./as Colexiados e acompañantes, se fose o caso.

14:00hs. Finalización das visitas guiadas

Acto terceiro

Comida

Comida no PAZO DE SAN LOURENZO DE TRASOUTO, para colexiados/as e acompañantes que desexen asistir, sen limitación de prazas, pero con previa inscrición á mesma.
Hora: 14:30h
Importe da comida: 58€
Asistencia: É imprescindible inscribirse previamente.
Data límite para a inscrición:

ata o luns 31 de Marzo, ao obxecto de que o restaurante poida facer as súas previsións das súas necesidades

Máximo de asistentes:

para asistir á Conferencia: máximo o aforo do local do Colexio 120 persoas.
para o autobús: límite de 55 prazas
para a visita guiada: prazas limitadas, máximo de 60 persoas (incluíndo un único acompañante por colexiado/a), para non entorpecer o tráfico dos/as viandantes da cidade durante o seu desenvolvemento.

No suposto caso de producirse máis solicitudes de prazas para os aforos citados, procederase a realizar, como é habitual, un sorteo entre as persoas prerexistradas.

Itinerario e recollidas de autobús

8.30h Recollida dos Sres./Sras. Colexiados/as de Ferrol (Fronte ao Teatro Joffre). Saída e traslado cara á Coruña.
9:15h Recollida dos Sres./Sras. Colexiados/as na Coruña na Sede do Colexio en Avda. de salvador de Madariaga 66, e traslado cara a Santiago de Compostela.
10,00 h. os Sres./Sras. Colexiados/as de Santiago, uniranse co resto dos compañeiros de Ferrol e da Coruña na Sede do Colexio en Santiago para asistir á Conferencia introdutoria da actividade.

Regreso

17.00 h. Regreso a Coruña e a Ferrol

Finalización do prazo de inscrición:

Luns 31 de Marzo de 2025 ás 12h.

Para a inscrición deberase indicar se a mesma é para:

  • Asistir aos 3 actos da actividade: visitas, conferencia e comida
  • Asistir aos 3 actos, pero se se realiza sorteo e non saio elixido para as visitas, desexo, con todo, asistir á comida.
  • Asistir só ás visitas e conferencia
  • Asistir só á comida de confraternización.

Inscrición: aberta. O prazo de inscrición finaliza o luns 31 de marzo ás 12h.

Formalización:

Por telf. ao Colexio: 981.29.58.99 (mañás)
Por páxina WEB do COMC, pulsar aquí.
Por correo-e: culturacolegio@comc.es

Instrucións para a Inscrición

Nomes, das persoas (colexiado e acompañante, se fose o caso)
Especificando no concepto da transferencia: Actividade “Santiago Renacentista”
Correo e teléfono de contacto.

 

Atentamente,

Bernardo Seoane

Vogal da Xunta Dtva. do COMC