Actividades culturais e de lecer

A ARQUITECTURA NA CORUÑA NA II REPÚBLICA

UNHA XORNADA CULTURAL NA CORUÑA, CON CONFERENCIA, VISITA GUIADA E COMIDA

O crecemento da cidade pola chegada de man de obra do campo nos anos trinta do século XX, xerou a necesidade de novos barrios no perímetro urbano da Coruña formándose lle “cinto obreiro” coruñés con arquitecturas racionalistas na II República.

Actividade aberta a TODA a Colexiación
Día: Sábado 22 de Xuño de 2024.

Unha xornada en tres actos
A actividade que presentamos está prevista levala a cabo, pola mañá, cunha Conferencia previa de aproximadamente de 1h de duración, e, seguidamente unha vista guiada pola cidade para contemplar obras representativas da arquitectura racionalista da Coruña durante a II República, para posteriormente terminar cunha comida de confraternización.

Acto primeiro
Conferencia
Lugar: Sede do Colexio de Médicos de Salvador de Madariaga 66, Etlo (A Coruña)
Hora: 10.30 hs. Conferencia ABERTA a todos/as os Colexiados e acompañantes
“A ARQUITECTURA DA CORUÑA NA II REPÚBLICA: O RACIONALISMO”
Asistencia: Libre, ata completar O aforo da sala
Impartida por:
D. José Ramón Soraluce Blond. Catedrático de Historia da Arquitectura na Escola Superior de Arquitectura da Coruña.

Acto segundo
Visitas guiadas por Coruña
11:30hs: á Finalización da conferencia, traslado dos Sres./Sras. Colexiadas inscritos de Ferrol e Santiago para o inicio da vista guiada. Habilitarase un Autobús desde o Colexio para trasladar eses asistentes de fóra da Coruña ao comezo da visita guiada.
12hs. Inicio da Visita Guiada

Acto terceiro
Comida:
Bufet libre, no restaurante “*ÁBREGO” do Hotel Eurostar Atlántico nos Xardíns de Méndez Núñez, para colexiados/as e acompañantes, previa inscrición á mesma, con limitación a 100 prazas polo aforo do restaurante.
Hora: 14.15h
Importe da comida: 25€
Asistencia: libre, con limitación de aforo mencionado
Data límite para a inscrición: de maneira telemática, ata o 16 de xuño, ao obxecto de que o restaurante poida facer as súas previsións cos seus provedores

Máximo de asistentes:
● para asistir á Conferencia: máximo o aforo do local do Colexio 250 persoas.
● para a visita guiada: prazas limitadas, máximo de 60 persoas (incluíndo un único acompañante por colexiado/a), para non entorpecer o tráfico dos/as viandantes da cidade durante o seu desenvolvemento
● para a comida, o exposto no punto anterior

Itinerario e recollidas de autobús
● 9,30h Recollida dos Sres./Sras. Colexiados/as de Ferrol (Enfronte do Teatro Joffre, en Correos). Saída e traslado cara á Coruña
● 9.30h Recollida dos Sres./Sras. Colexiados/as en Santiago: Palacio de Congresos. Saída e traslado cara á Coruña
Regreso
● 17h. Regreso a Santiago e a Ferrol

Inscrición: aberta. O prazo de inscrición finaliza o día 16 de xuño.

Para a inscrición deberase indicar se a mesma é para:
a. Asistir aos 3 actos da actividade: visitas, conferencia e comida
b. Asistir aos 3 actos, pero se se realiza sorteo e non saio elixido/a para as vistas guiadas, desexo, con todo, asistir á comida.
c. Asistir só ás visitas e conferencia.
d. Asistir só á comida de confraternización.

No suposto caso de producirse máis solicitudes de prazas para os aforos citados, procederase a realizar, como é habitual, un sorteo entre as persoas prerexistradas.

Formalización:
● Por telf. ao Colexio: 981.29.58.99 (só mañás)
● Por páxina WEB do COMC, pulsar aquí.
● Por correo-e: culturacolegio@comc.es