Como vén sendo habitual por estas datas de inicio de outono, anunciámosvos apuntarvos a Clases de Bridge que tan tanta aceptación ten entre moitos colegas.
Cumprimos o 5º ano consecutivo que levamos, no Colexio, impulsando estas clases dirixidas a toda a Colexiación deste xogo apaixonante que capta con forza e engancha enseguida aos que o aprenden e que tantos beneficios intelectuais ten acreditados
A profesora, Loli de Avilés, fíxonos chegar a súa dispoñibilidade para ampliar os grupos do Colexio que pode atender, ademais dos que xa están constituídos e funcionando, dirixidos nesta ocasión, como é obvio, a todas aquelas persoas que esteades interesadas en iniciarvos neste interesantísimo xogo.
As condicións para a impartición das clases de iniciación son as seguintes:
· Horario: a determinar, pero só dispoñible polas MAÑÁS
· Impartiríase 1 clase á semana de 1,30h de duración
· Ciclos de aprendizaxe de 10 clases.
· Prezo: 150€ por persoa/ciclo, (50€/mes).
Como é sabido, o Colexio, tivo a ben dentro do seu Plan de Actividades Culturais, subvencionar en parte (só o 50%) a cota para Sres./as Colexiados/as e familiares directos en primeiro grao (Cónxuxes, parellas, pais e fillos), quedando excluídos desta bonificación os acompañantes invitados ou amigos dos colexiados/as que poden ser inscritos como acompañantes.
Nota importante
Como é desexable poder comezar canto antes as clases neste mes de Outubro, a poder ser na primeira semana, convócase, a todas as persoas interesadas, a unha reunión previa para resolver as dúbidas que se poidan ter.
Dia: xoves 3 de Outubro.
Hora: 18h.
Lugar: Sede histórica do Colexio en Rega de Auga 2ª planta.
A constitución dun novo grupo de iniciación só levará a cabo se concita a adhesión de 5 persoas participantes.
Formalización:
Nome e apelidos do colexiade/a e acompañante mediante:
· -Telf do Colexio: 981.29.58.99 (Sr. Francisco López, só mañás)
· -Pre inscrición en páxina WEB do COMC, pulsar aquí.
· -correo-e: culturacolegio@comc.es