As fortificacións de la Iglesia para a defensa de Santiago levantáronse desde do ano mil na Ría de Arousa para frear os ataques Normandos (Viquingos) na súa penetración cara a Compostela, coa gran fortificación medieval episcopal de Rocha Forte destruída polos Irmandiños.
Sábado, 19 de outubro de 2024
A proxectada actividade de visitar, en outubro, Ortigueira e a súa comarca, l como no seu día anunciamos, tívose que pospoñer por motivos alleos ao Colexio, no seu lugar propoñémosvos esta actividade nova de visitar algúns enclaves da pegada do paso dos Viquingos por Galicia.
Viaxe de Sábado
Actividade ABERTA a toda a Colexiación: médicos/as en activo e médicos xubilados/as.
Máximo nº de asistentes: 55 persoas (entre Colexiados/as e acompañantes)
O itinerario da devandita actividade será o seguinte:
Recollidas do autobús
Hora 08:00h Recollida de Sres./Sras. Colexiados/as e acompañantes de Ferrol enfronte do Teatro Joffre, en Correos. Traslado A Coruña
Hora 09:00h Recollida dos Sres./Sras. Colexiados de A Coruña en a Sede de Salvador de Madariaga 66. Saída cara a Santiago. Inicio da actividade.
10,00 h. Recollida dos/as Sres./Sras. Colexiados/as de Santiago, no Palacio de Congresos de Santiago. Saída cara a Conxo. Inicio da actividade.
Visitas guiadas de mañá:
A diferentes localidades para visitar dúas manifestacións da presenza dos Viquingos en Galicia: A Rocha Forte en Santiago e as Torres de Oeste en Catoira.
Comida
– 14:15h. no Parador de Cambados.
Visita guiada pola tarde:
Vista á Fortaleza da Lanzada.
Regreso
Ás 18:00h.
Regreso a Santiago: Parada para deixar ás Sras./Sres. Colexiados/as de Santiago e proseguir destino cara á Coruña.
Parada para deixar a Sras./Sres. Colexiados/as da Coruña e proseguir destino cara a Ferrol.
Saída cara a Ferrol.
Chegadas previstas
– Chegada prevista a -Santiago: 19:00h
– Chegada prevista a Coruña 19:45h
– Chegada prevista a Ferrol: 20:45h.
Importe da actividade: 38 € (provisionalmente)
Aberta a inscrición
A selección dos asistentes, realizarase por rigoroso sorteo se se dese o caso de máis solicitudes que persoas admitidas. Obterase aleatoriamente unha letra do abecedario a partir da cal, inclusivamente, iniciarase a inscrición por orde alfabética dos apelidos correlativos a ela, ata completar o mencionado aforo. Iniciarase así, o ciclo anual das actividades de setembro do 2024 a xuño 2025 durante o cal os Sres./Sras. Colexiadas que non fosen seleccionados nesta actividade dos Viquingos e Irmandiños, teñen asegurada reserva de praza automaticamente para a seguinte, e así, con idéntico proceder actuarase nas demais ocasións. Advírtese que sempre hai ha de formalizar a inscrición da actividade pretendida independentemente desta reserva.
Data límite para a inscrición: Mércores 9 de outubro 2024 as 12h. Sorteo se procedese: ese mesmo día.
Requisitos da inscrición
Nome e apelidos do colexiado/a e acompañante
Formalización:
Nome e apelidos do colexiade/a e acompañante mediante:
-Telf do Colexio: 981.29.58.99 (Sr. Francisco López, só mañás)
-Pre inscrición en páxina WEB do COMC, pulsar aquí.
-correo-e: culturacolegio@comc.es