Actividades culturais y de lecer

OS PAZOS DE GALICIA – ARQUITECTURA NOBRE CON VIDA SOMBRÍA (TERCERA EDICIÓN)

VIAXE DE SÁBADO

As máis significativas construcións do rural galego, cargadas de séculos de historia e de submisión.

Conferencia previa na Sede do Colexio Médico en Santiago, con visitas guiadas e comida a varias localidades de Galicia con Pazos de relevancia.

Actividade ABERTA a toda a Colexiación: médicos/as en activo e médicos xubilados/as.

Terán preferencia aquelas solicitudes que, realizadas nas dúas anteriores edicións dos PAZOS DE GALICIA, quedaron excluídas de poder asistir a esas edicións previas, ou non puideron asistir a esa edicións.
Despois desta preferencia, admítense todas as demais solicitudes que se formulen, incluso aquelas que cuxo desexo sexa repetir a actividade.

Máximo nº de asistentes: 55 persoas (entre Colexiados/as e acompañantes)

O itinerario da devandita actividade será o seguinte:

Recollidas do autobús
• Hora 08:30h Recollida de Sres./Sras. Colexiados/as e acompañantes de Ferrol enfronte do Teatro Joffre, en Correos. Traslado A Coruña
• Hora 09:15h Recollida dos Sres./Sras. Colexiados da Coruña na Sede de Salvador de Madariaga 66. Saída cara a Santiago. Inicio da actividade.
• 10,00 h. os Sres./Sras. Colexiados/as de Santiago, uniranse co resto dos compañeiros do autobús na Sede do Colexio Médico de Santiago para asistir á Conferencia introdutoria da actividade.

Conferencia sobre a arquitectura dos Pazos na Sede do colexio Médico de Santiago: 10h.

ENTRADA LIBRE para calquera Colexiado/a que queira asistir con acompañante, independentemente de que non estea apuntado/a ou non fose seleccionado para a actividade.
Á súa terminación, inicio da actividade cara á comarca do Ulla.

Visitas guiadas de mañá:

A dúas diferentes localidades para admirar 2 dos Pazos máis representativos da comarca do Ulla.

Comida
– 14:30h. no Pazo de Vistaalegre. Vedra.

Visita guiada pola tarde:
16:30h. Pazo de Oca

Regreso
Ás 18:00h.
• Regreso a Santiago: Parada para deixar ás Sras./Sres. Colexiados/as de Santiago e proseguir destino cara á Coruña.
• Parada para deixar a Sras./Sres. Colexiados/as da Coruña e proseguir destino cara a Ferrol.
• Saída cara a Ferrol.

Chegadas previstas
– Chegada prevista a Santiago: 18:30h
– Chegada prevista a Coruña 19:30h
– Chegada prevista a Ferrol: 20:15h.

Importe da actividade: 35 € (provisionalmente)

Aberta a inscrición
A selección dos asistentes, realizarase por rigoroso sorteo se se dese o caso de máis solicitudes que aforo do autobús. Obterase aleatoriamente unha letra do abecedario a partir da cal, inclusivamente, iniciarase a inscrición por orde alfabética dos apelidos correlativos a ela, ata completar o mencionado aforo. Iniciarase así, o ciclo anual das actividades de setembro 23 a xuño 24 durante o cal os Sres./Sras. Colexiadas que non fosen seleccionados nesta actividade dos Pazos, teñen asegurada reserva de praza automaticamente para a seguinte, e así, con idéntico proceder actuarase nas demais ocasións. Advírtese que sempre hai ha de formalizar a inscrición da actividade pretendida independentemente desta reserva.

Data límite para a inscrición: Xoves 12 de setembro 2024 as 12h. Sorteo se procedese: ese mesmo día.

Requisitos da inscrición
Nomee e apelidos do colexiado/a e acompañante

Formalización:

Por telf. ao Colexio: 981.29.58.99 (Sr. Francisco López Garrido, só mañás)
Por páxina WEB do COMC, pulsar aquí.
Por correo-e: culturacolegio@comc.es