SANTIAGO PARAÍSO BARROCO
Unha xornada cultural en Santiago de Compostela, con Visitas guiadas, Conferencia e Comida de Nadal.
Tras o Concilio de Trento, nos séculos XVII e XVIII a Igrexa “triunfante” apostou polas artes para a exaltación da fe.
Santiago converteuse na capital do espectáculo barroco.
Actividade aberta a TODA a Colexiación
Día: Sábado 2 de Decembro de 2023.
Unha xornada en tres en actos
A actividade que presentamos desenvolverase en 3 actos:
Unha conferencia, vistas guiadas e unha comida de Nadal de confraternización de colexiados.
A conferencia: é aberta, de libre asistencia, sen límite de prazas. Non se require inscrición.
Para as visitas guiadas é posible que as prazas poidan ser limitadas en función á demanda que se xere. Como, para elas, deberase deambular por diversas rúas de Santiago os asistentes limitaríanse a 50 persoas entre colexiados/as e acompañantes (un/a único/a acompañante por colexiado/a).
No suposto caso de producirse máis solicitudes de prazas que o aforo previsto das visitas guiadas, procederase a realizar, como é habitual, un sorteo entre as persoas prerexistradas.
A comida: é aberta, sen límite de prazas, pero se, previa inscrición e abono do importe da mesma.
Acto primeiro
Conferencia:
Hora: 10:00h
Lugar: Salón de actos da Sede do Colexio Médico en Santiago.
Impartida por:
D. José Ramón Soraluce Blond. Catedrático de Historia da Arquitectura na Escola Superior de Arquitectura da Coruña.
Acto segundo
Visitas guiadas
A finalización da conferencia desde lle Sede do Colexio, desprazarémonos andando á realizar as visitas guiadas a algunhas das manifestacións arquitectónicas máis relevantes do Barroco de Santiago de Compostela.
Asistencia ás visitas: prazas limitadas a 50 persoas entre Sres./as Colexiados e acompañantes, se fose o caso.
Acto terceiro
Comida
Laconada de Nadal no Hotel SAN FRANCISCO, para colexiados/as e acompañantes que desexen asistir, sen limitación de prazas, pero con previa inscrición á mesma.
Hora: 14.15h
Importe da comida: 35€
Asistencia: É imprescindible inscribirse previamente e abonar o mencionado importe, como data límite para iso, ata o 25 de novembro ás 12h., ao obxecto de que o restaurante poida facer as previsións dos/as asistentes.
No caso de que se desexe asistir a ela, indícovos o número de conta que ten o Colexio na entidade Abanca onde se ha de realizar o ingreso dese importe:
IBAN: ES56 2080 0702 1030 4005 1919
Dado a reserva en firme á que, nestes momentos, obríganos a Dirección o Hotel San Francisco, rógoche realices o ingreso coa maior dilixencia pois en caso de renuncia tardía, pola túa banda, o cargo da desistencia faríase contra o Colexio, en base reserva provisionais informadas con antelación.
Data límite para facer o ingreso: 25 de novembro ás 12h,.
Instrucións do abono
Has de enviar un correo electrónico achegado o xustificante da Transferencia efectuada para constancia o seu abono ao seguinte e-mail: culturacolegio@comc.es cos datos da INSCRICIÓN
Nomes, das persoas que asisten á comida.
Especificando no concepto da transferencia: Actividade “Santiago Barroco”
Teléfono de contacto.
Itinerario e recollidas de autobús
8.30 h Recollida dos Sres./Sras. Colexiados/as de Ferrol (Teatro Jofre). Saída e traslado cara á Coruña.
9:15 h Recollida dos Sres./Sras. Colexiados/as na Coruña (Sede do Colexio en Avda. Salvador de Madariaga) e traslado cara a Santiago de Compostela.
10:00 h. os Sres./Sras. Colexiados/as de Santiago, uniranse co resto dos compañeiros de Ferrol e da Coruña na Sede do Colexio en Santiago para asistir á Conferencia introdutoria da actividade.
Regreso
● 17,30h. Regreso a Coruña e a Ferrol
Finalización do prazo de inscrición:
Sábado, 25 de Novembro 2022 ás 12h.
Para a inscrición deberase indicar se a mesma é para:
Asistir aos 3 actos da actividade: visitas, conferencia e comida
Asistir aos 3 actos, pero se se realiza sorteo e non saio elixido para as visitas, desexo, con todo, asistir á comida.
Asistir só ás visitas e conferencia
Asistir só á comida de confraternización.
Formalización:
● Por telf. ao Colexio: 981.29.58.99 (mañás)
● Por páxina WEB do COMC, pulsar aquí.
● Por correo-e: culturacolegio@comc.es