Notas de prensa

Os colexios médicos galegos esixen seriedade e diálogo á ministra de Sanidade

– O Consello Galego de Colexios Médicos sostén que “resulta imprescindible que haxa un cambio de postura por parte de Mónica García para evitar o enquistamiento dunha folga, que non ten visos de finalización senón todo o contrario ao sumarse novas convocatorias”

– Tras asentir Mónica García mentres se suxería que os profesionais médicos haberían desatendido a pacientes oncolóxicos ou en tratamento de diálise, os representantes dos médicos galegos apelan á “seriedade, a serenidade e o rigor” nas comparecencias públicas

– Os representantes dos médicos da comunidade reclaman á Consellería de Sanidade un “posicionamento máis contundente” sobre a necesidade dun novo Estatuto Marco “que blinde a calidade asistencial da poboación galega”

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2026. O Consello Galego de Colexios Médicos esixe “sensibilidade e diálogo” á Ministra de Sanidade, dado que “a actitude que está a manter na actualidade só contribúe ao enquistamiento da folga, como mostra o feito de que se estean sumando novas convocatorias”.

Nesta liña, os representantes dos médicos galegos trasladan a súa “preocupación” #ante a “pasividade e inacción que está a mostrar o goberno” #ante unha situación provocada por “a adopción de posturas inflexibles e afastadas da realidade e as necesidades actuais, tanto da propia sociedade como, por suposto, do noso propio colectivo profesional”.

O órgano que agrupa aos Colexios Oficiais de Médicos das catro provincias alerta sobre o risco de que “se cronifique un conflito cuxas consecuencias está a sufrir a nosa sanidade xa de maneira inmediata pero que, indubidablemente, agravaranse se non hai un cambio radical de postura que se traduza nun achegamento e un diálogo que, por agora, non vimos”.

Seriedade e rigor nas manifestacións públicas

Así mesmo, o Consello Galego de Colexios Médicos pide á Ministra de Sanidade “seriedade, serenidade e rigor” nas súas comparecencias públicas “para non danar o noso sistema público de saúde, que é o que estamos a defender con este parón”. Esta  reivindicación chega despois de que hai uns días “non só non defendese o bo facer dos profesionais da Medicina española, senón que ademais asintiesemientras un xornalista suxería que profesionais médicos desatenderían a pacientes oncolóxicos ou en tratamento de diálise.

A este respecto, o órgano que agrupa aos catro Colexios de Médicos galegos incide en que “os médicos en exercicio coñecemos perfectamente o deber de atender á poboación, pero existe tamén un deber ético e deontolóxico de velar pola calidade da asistencia que ofrecen as institucións sanitarias, algo que non pode seguirse obviando por máis tempo”. “Os médicos e as nosas familias son tamén pacientes,por iso sabemos da importancia de coidar aos profesionais que nos coidan”, sinala.

Posicionamento contundente Consellería de Sanidade

Por último, os representantes dos médicos da comunidade reclaman á Consellería de Sanidade un “posicionamento máis contundente” sobre a necesidade dun novo Estatuto Marco “que blinde a calidade asistencial da poboación galega”.

“Non se trata en absoluto de converter a sanidade nun campo de confrontación política, senón de que unamos todas as voces para presionar na reclamación do que é bo e xusto para o sistema sanitario, os seus profesionais e os seus pacientes”, conclúen.