O Colexio Oficial de Médicos da Coruña convocou unha nova edición dos premios solidarios dirixidos a facilitar a colaboración dos colexiados en actividades de promoción da saúde de carácter social, de cooperación e de acción humanitaria no marco de proxectos tanto nacionais como internacionais.
O prazo de presentación foi ata o 31 de outubro, para proxectos a realizar aos longo do ano 2023.
CONVOCATORIA
A Comisión de Avaliación dos proxectos solidarios 2023 do colexio, composta pola Dra. Enriqueta Rivas Lombardero, Dra. Ana María Álvarez Castro, Dra. María Luisa Marín Sánchez, Dra. Rosa Arroyo Castillo e o Dr. Bernardo Seoane Díaz, reunida o 6 de maio despois do exame, lectura e discusión determinaron por unanimidade o seguinte:
Aprobar os proxectos presentados e a súa asignación económica:
1.- Fortalecemento das capacidades operativas da unidade de pediatría do hospital rural de Bathalapalli, grazas á adquisición de novo equipamento médico, presentado pola Dra. Mª Dolores Álvarez Díaz da ONG Fundación Vicente Ferrer cun importe adxudicado de 4.000 €.
2.- Dermalawi. Proxecto de Mellora da saúde dermatolóxica en Malawi rural 2023-24, presentado pola Dra. Sandra Peña López da Asociación Dermalawi cun importe adxudicado de 2.000 €.
3.- Unidade de Oncoloxía Médica – Centre de soins Notre Dáme da Santé, presentado pola Dra. Victoria da Torre Santos da ONG Fundación África Directo cun importe adxudicado de 2.000 €.
4.- Cirurxías en España de nenos/as de países en vías de desenvolvemento, presentado pola Dra. María del Carmen Silva Rodríguez da ONG Fundación Infancia Solidaria cun importe adxudicado de 2.000 €