Detalles do Torneo:
– Datas: Pendentes de confirmar
– Lugar: A1 Padel Club (Rúa Galileo Galilei, 36. 15008 – A Coruña).
– Categorías: Masculina, Feminina, Mixta e Iniciación.
– Inscrición: https://forms.gle/2fMpTaehBkQU5qhS6
– Prazo de inscrición: Pendente
Animámoslles a que se inscriban e gocen duns días de deporte. Haberá premios para os gañadores e, ao finalizar o torneo, realizarase unha cerimonia de entrega de trofeos.
Para máis información, non dubiden en contactarnos a través de info@comc.es ou 981295899.