Novas

Os Colexios provinciais de Médicos e Farmacéuticos presentan o selo e as actividades conmemorativas do seu 130 aniversario

Presentación del sello del 130 aniversario

Esta mañá, os Colexios Oficiais de Médicos e Farmacéuticos da provincia da Coruña presentaron oficialmente en rolda de prensa o selo e cuño conmemorativos do seu 130 aniversario, emitido por Correos e deseñados polo prestixioso caricaturista e ilustrador Gogue Rodríguez. Trátase da maior tirada da historia realizada por unha entidade privada en España —11.000 selos—. Durante o acto tamén avanzaron as actividades previstas para conmemorar a efeméride, que percorrerán toda a provincia coruñesa ao longo de 2025 e incluirán eventos culturais, sociais e deportivos.

No encontro cos xornalistas participaron Sara Catrain e Luciano Vidán, presidentes dos Colexios Oficiais de Farmacéuticos e Médicos, respectivamente. Tamén estiveron presentes no acto o presidente e vicepresidente da Sociedade Filatélica da Coruña, José Luis Rey e Andrés García; o autor do deseño do selo, Gogue Rodríguez; o vicepresidente do Colexio de Farmacéuticos, Ramón Sáez; e por parte de Correos, o director da oficina principal na Coruña, Javier Varela, e Rosa López.