A presente canle está dedicado exclusivamente para dirixir denuncias por incumprimentos legais da organización ou os seus integrantes, nos termos e condicións da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
¿Que se poden considerar incumprimentos normativos?
- Sen ánimo excluínte nin limitativo, considéranse:
- Fraudes e estafas
- Branqueo de capitais
- Evasión ou elusión de impostos
- Delitos contra a propiedade intelectual ou industrial
- Competencia desleal
- Delitos contra o mercado ou a consumidores
- Corrupción interna
- Irregularidades coa Seguridade Social ou a Axencia Tributaria
- Incumprimento da normativa sobre protección de datos
- Revelación de segredos empresariais
- Malversación
- Delitos contra o medio ambiente e a saúde pública
- Vulneración de dereitos dos traballadores
Algunhas das situacións que se poderían denunciar por esta vía son:
- Posibles condutas e comportamentos considerados ilegais co desempeño do traballo,
- Presunta xestión lucrativa de recursos da empresa,
- Situacións de discriminación ou abuso sexual,
- Prácticas de corrupción, roubos, fraudes etc.
Quen pode presentar unha comunicación?
Calquera persoa da empresa e aquelas persoas externas que estean ou estivesen vinculadas ou relacionadas coa mesma nun contexto laboral ou profesional.
¿Como podo realizar unha comunicación?
Pódese cursar de forma verbal, escrita ou presencial seguindo os pasos indicados no formulario da Canle confidencial de denuncias. Así mesmo, a comunicación pode ser anónima.
¿Como se tratará a comunicación?
Tramitarase garantindo a confidencialidade e prohibición de represalias á persoa informante.
¿Garántese a protección á persoa informante?
O sistema interno de información reúne as garantías de confidencialidade, respecto á independencia, a protección de datos, secreto das comunicacións e as prácticas correctas de seguimento, investigación e protección da persoa informante.