Inicio || Colexiados/as || Colexiación || Trámites/Normas de colexiación
Para colexiarse é necesario presentar a seguinte documentación:
- DNI (orixinal).
- Unha fotografía tamaño carné.
- Documento de domiciliación bancaria español para a atención de recibos colexiais.
- Título orixinal de licenciado/a en Medicina. No caso de non dispoñer del, certificación acreditativa da universidade correspondente da finalización dos estudos de Medicina ou certificación de abono dos dereitos de expedición do título de licenciado/a en Medicina.
- Se se dispón de especialidade, título/s orixinal/is de especialista. No caso de non dispoñer del, resgardo do título/s de especialista.
- Se é MIR, fotocopia do documento de adxudicación da praza (hospital/centro de formación de especialidade).
- Xustificante de ingreso da cota de inscrición no Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña de 120,00 € (ABANCA ES49-2080-0006-44-3040026591) ou abono en efectivo ou con tarxeta no propio Colexio.
- Se procede doutro Colexio Oficial de Médicos, certificado de baixa na institución colexial de procedencia.
- Documento (orixinal) que acredite a identidade e nacionalidade do solicitante, expedido polas autoridades competentes do país de orixe ou de procedencia ou polas autoridades españolas en materia de estranxeiría (NIE).
- Unha fotografa tamaño carné.
- Documento de domiciliación bancaria español para a atención de recibos colexiais.
- Título orixinal de licenciado/a en Medicina.
- Documento orixinal, con valor comunitario, de resolución de recoñecemento do título de licenciado/a en Medicina para exercer en España (expedido polo Ministerio de Sanidade) ou copia certificada/autenticada polo Ministerio de Sanidade.
- Título/s orixinal/is de especialista.
- Documento orixinal, con valor comunitario, de resolución de recoñecemento do/s título/s orixinal/is de especialista para exercer en España (expedido polo Ministerio de Sanidade) ou copia certificada/autenticada polo Ministerio de Sanidade.
- Se é MIR, fotocopia do documento de adxudicación da praza (hospital/centro de formación e especialidade).
- Certificación expedida polo organismo oficial legalizado por vía diplomática de non estar nin ter estado inhabilitado/a para o exercicio da medicina (orixinal e tradución ao castelán). O certificado terá unha validez de tres meses. A certificación só é necesaria en caso de primeira colexiación ou de que transcorresen máis de tres meses desde a data de baixa no colexio de procedencia.
- Xustificante de ingreso da cota de inscrición no Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña de 120,00€ (ABANCA ES49-2080-0006-44-3040026591) ou abono en efectivo ou con tarxeta no propio Colexio.
- Se procede doutro Colexio Oficial de Médicos, certificado de baixa do Colexio Oficial de Médicos de procedencia.
Nota: Todos os documentos deben estar debidamente validados/compulsados/legalizados por vía diplomática e, no seu caso, acompañaranse de tradución xurada.
- Documento (orixinal) que acredite a identidade de nacionalidade do solicitante, expedido polas autoridades competentes do país de orixe ou de procedencia ou polas autoridades españolas en materia de estranxeiría (NIE).
- Unha fotografa tamaño carné.
- Documento de domiciliación bancaria español para a atención de recibos colexiais.
- Título orixinal de licenciado/a en Medicina.
- Documento orixinal de homologación do título de licenciado/a en Medicina (expedido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional).
- Título/s orixinal/is de especialista.
- Documento orixinal de homologación do título/s orixinal/is de especialista (expedido polo Ministerio de Sanidade, previa resolución oficial do seu Comité de Avaliación, segundo o R.D. 459/2010).
- Se é MIR, fotocopia do documento de adxudicación da praza (hospital/centro de formación e especialidade).
- Certificación expedida polo organismo oficial (legalizado por vía diplomática ou apostila da Haia), de non estar nin ter estado inhabilitado/a para o exercicio da medicina (orixinal e tradución ao castelán). O certificado terá unha validez de tres meses. Para realizar o proceso de colexiación é imperativo presentar esta certificación.
- Xustificante de ingreso da cota de inscrición no Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña de 120,00 € (ABANCA ES49-2080-0006-44-3040026591) ou abono en efectivo ou con tarxeta no propio Colexio.
- Se procede doutro Colexio Oficial de Médicos, certificado de baixa do Colexio Oficial de Médicos de procedencia.
NOTA: Todos os documentos deben estar debidamente validados/compulsados/legalizados por vía diplomática ou mediante apostila da Haia e, no seu caso, acompañaranse de tradución xurada (Anexo I do R.D. 459/2010, de instrucións para cubrir a solicitude e validación do recoñecemento de títulos de especialista obtidos no ámbito extracomunitario).
Asegúrese de que ten todos os documentos para achegar a solicitude.
No caso de que falte algunha documentación poñerémonos en contacto con vostede para emendar a solicitude antes da cita.