Actividades culturales y de ocio

TALLER SENIOR: Grupo de reflexión sobre esta etapa da vida – 21 de octubre

− A xente felicítame por estar xubilado/a, pero adaptarse non é doado…As veces boto de menos a vida de antes, naide che di que se perden cousas.
− Teño medo de que unha fractura ou unha enfermidade ameace a miña autonomía.
− Aos homes e as mulleres aféctanos distinto a xubilación… As mulleres non notamos tanta diferencia, pero nos cae máis a carga dos cuidados.
− Eu trato de apuntarme a actividades e estou ocupado/a todo o tempo, non teño un minuto libre…non sei, as veces me planteo si é o que quero…
− A familia vai cambiando cos anos…e con eso, cambia o escenario da vida.
− ¿E se non puidera continuar vivindo na miña casa? ¿Hai modo de prepararse?
Na sociedade actual, mulleres e homes maiores vivimos mais anos e disfrutamos de maiores cotas de benestar respecto ás xeracións dos nosos pais e avós, pero temos tamén malestares e inquietudes. Tócanos vivir un
momento da historia con dinámicas menos comunitarias na vida cotidiana, que se traduce en maiores cotas de soidade non desexada, e nunha maior vulnerabilidade ante situaciós propias que, tamén nesta etapa, podemos ter que afrontar.

Coñecer os cambios específicos desta etapa da vida, favorecer a elaboración dos duelos das perdas e do que xa non se pode facer, vai axudarnos a facer unha mellor adaptación e a reconstruir o proxecto vital
desta etapa.

Para esto é preciso pensar xuntas/os sobre esta etapa da vida no momento actual. E por eso, invitámoste a este espacio de reflexión:

Coordina: Dra. Regina Basadre Orozco

Coa colaboración científica-técnica do Centro Marie Langer

Ven á CHARLA INFORMATIVA

Fecha: Martes, 21 de outubro

Horario: 17 a 19 horas

Lugar: Colexio Oficial de Médicos da Coruña (Avda. Salvador de Madariaga, 66 – entresuelo)

 

Aforo máximo é de 22 médicos/as xubilados/as que teñen preferencia. No suposto de quedar prazas libres desas 22, se admitirá un acompañante por médico/a, que se asinara por orden de inscrición do médico/a seleccionado que o proponga. Os interesados a asistir deben enviar correo a: culturacolegio@comc.es