A Residencia de Maiores de Ferrol, sita no barrio de Caranza da localidade (á beira do hospital Juan Cardona), residencia pública dependente da Xunta de Galicia, estamos interesados en cubrir o posto de médico/-a, actualmente sen cobertura por atoparse en situación de IT a persoa titular.
Ao tratarse dunha situación de IT non podemos garantir a duración, aínda que, previsiblemente, será por bastante tempo.
O posto sería compatible coa realización da mesma actividade noutra empresa.
O horario de traballo sería de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas.
Requisitos: Posuír a titulación homologada e colexiación.
Para información máis concreta as persoas interesadas poderían contactar coa dirección do centro no móbil 647882407.